top of page

BIO

.THE SUFFERING PRESENTA O SEU PRIMEIRO PROXECTO MUSICAL
The Suffering presenta esta semana o seu primeiro proxecto musical, unha demo que recolle seis temas propios da banda e son un resumo do que esta ven facendo durante os últimos dous anos. Este grupo, antes coñecido como Aces Full, é unha banda de metal da Costa da Morte que está composta por un grupo de amigos que cada fin de semana se dedican a compoñer e ensaiar temas propios por puro pracer. Neste verán, coa inquedanza de dar un paso máis, xorde a idea de recoller algúns destes temas e sacar un proxecto co que dar a coñecer a música da banda ao resto do mundo, co que tamén se propicia un cambio de nome. A demo está gravada con recursos propios e saiu adiante grazas á colaboración profesional e desinteresada de Pablo J. Damonte, que realizou a mestura e masterización do son e tamén a fotografía e o deseño; e de Nerea Mouzo, que realizou a ilustración. A banda esta composta por cinco músicos amateur: Ángel García e J. Traba, guitarras, Abel Morenza, baixo, J. V. Fandiño, batería e Alan Louzán , voz. Todos eles con diferentes influencias musicais entre as que destacan Metallica, Lamb of God, Mastodon, Tool, Down ou QOTSA, que se poñen de manifesto a hora de compoñer os temas pesados e contundentes da banda.
bottom of page